Hoxe é Domingo 27 de Xullo de 2025

XLI Mundialito da Xunqueira esgota as prazas de inscrición en tempo récord

WhatsApp-Image-2024-07-19-at-14.16.37-qscplbo1afv84oybax4kbwclpkv2v94bvndf4lmo3s

O Redondela FS, en colaboración coa Concellería de Deportes de Redondela, abriu o pasado mércores 2 de xullo o prazo de inscrición para o XLI Mundialito da Xunqueira, un torneo dirixido ás categorías base de fútbol sala. En tan só dous días, cubríronse todas as prazas dispoñibles, agás na categoría infantil, para un evento que reunirá a máis de 700 “mini-deportistas”.

O campionato, que se disputará entre o 23 de xullo e o 16 de agosto, incluirá as categorías Infantil (nados en 2010 e 2011), Alevín (2012 e 2013), Benxamín (2014 e 2015), Prebenxamín (2016 e 2017), Biberón (2018 e 2019) e Chupete (2020, 2021 e 2022).

Considerado unha cita imprescindible no fútbol sala de base da provincia, o Mundialito da Xunqueira aposta por promover estilos de vida saudables entre a mocidade a través do deporte. Este torneo toma o relevo do Mundialito de maiores, que se celebra desde finais de xuño e que reúne cada tarde a centos de afeccionados na pista da Xunqueira.

Inscricións abertas só para a categoría infantil

A organización informa que o prazo de inscrición remata o 14 de xullo e que o número de equipos está limitado, polo que non se admitirán máis participantes unha vez alcanzado o cupo. Os interesados poden inscribirse escaneando o código QR do cartel oficial ou contactando a través do correo redondelafs@gmail.com ou dos teléfonos 636 714 160 e 600 938 491.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: