A concellaría de Maiores do Concello de Redondela ofrece actividades saudables para os persoas de máis de 55 anos ao longo de todo o ano. Este verán, á práctica habitual de tai chi, súmase como novidade o baile. As clases son de balde e impártense durante xullo e agosto de 9.30 a 10.30 horas na Alameda de Castelao e na Senda verde de Chapela sen necesidade de inscrición previa.
Durante os meses de verán os veciñas e veciños de máis de 55 anos teñen a oportunidade practicar actividades saudables e lúdicas ao aire libre. Mantéñense as clases de tai chi e amplíase a oferta con clases de baile “unha alternativa dinámica e lúdica para un envellecemento activo.
As clases de baile, que se imparten os luns na Senda Verde de Chapela e os martes na Alameda Castelao de Redondela, promoven o benestar con ritmos que van desde a cumbia ata o merengue pasando pola salsa ou a bachata.
Por outra banda o tai chi, que se oferta durante todo o ano, é unha práctica milenaria que ofrece relaxación, reduce o estrés e mellora a flexibilidade do corpo e nestes meses de verán tamén se imparten os mércores na Senda Verde de Chapela e os xoves na Alameda de Redondela. Estas actividades son de balde e non se precisa inscrición previa, tan só achegarse ao lugar e no horario no que se celebran.