Hoxe é Domingo 27 de Xullo de 2025

Chapela arranca o verán coa festa da navalla

festa navalla 1

A Alameda de Chapela acolle esta fin de semana a XII edición da festa da navalla, un evento gastronómico organizado polo Centro recreativo Cultural da parroquia que confía en repetir éxito de edicións anteriores.

Emilio Sánchez, presidente Círculo Cultural de Chapela

Os pratos comezarán a servirse a partir das 12:00 horas do domingo. Os comensais poderán elixir entre navalla preparada á prancha ou en empanada. O presidente do Círculo, Emilio Sánchez, explica que o produto procede da ría e servirase a prezos populares, manténdose 11 euros unha ducia de navallas e 3’5 euros por ración de empanada.

Un evento gastronómico que non é multitudinario pero que é unha cita obrigada para os amantes do bivalvo da contorna que poden degustar así este produto de sabor inconfundible e que é posible grazas á implicación de todas as persoas que forman parte da directiva do Círculo recreativo. É ademais o arranque dun “verán intenso” na entidade, coa celebración dun campamento náutico no que participan un cento de rapaces e rapazas da zona e que se prolonga coa festa do Carme, a festas do mexillón e a festa da sardiña.

Unha fin de semana que tamén nos deixa unha cita musical na xornada do sábado cun festival de Corais a partir das 20:00 horas que se desenvolverá tamén na Alameda Rosalía de Castro, Subiranse ao escenarios o coro Nosa Señora do Carme de Moaña, a Agrupación musical de Vincios, o coro de música de Cidadelle e a coral polifónica Frol Nova de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: