Hoxe é Venres 25 de Xullo de 2025

Aprender inglés ao carón da casa

eoi redondela

Clases reducidas, métodos baseados na práctica, prezos económicos e ubicación no centro da vila, son algunhas das vantaxes que ofrece inscribirse na sección da Escola Oficial de Idiomas que funciona no IES Pedro Floriani en horario de tarde. As preinscricións para o novo alumnado están abertas ata o vindeiro 7 de xullo e a formalización de matrícula estará aberta do 10 ao 21 de Xullo. As persoas interesadas poden informarse na EOI de Redondela (eoi.vigo.redondela@edu.xunta.gal).

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Redondela abre o seu prazo de matrícula para o curso 2025-2026 ofrecendo unha ampla variedade de cursos de inglés para todos os niveis a partir dos 16 anos.

E todo isto por menos de 130 euros anuais, o que converte á EOI nunha das opcións máis accesibles para aprender inglés con profesorado cualificado e en grupos reducidos. Unha formación que atrae a un alumnado moi variado, dende persoas que precisan dun título para postularse a un traballo ou presentarse a unhas oposicións ata xente de maior idade ou xubilados que deciden empregar o seu tempo de ocio aprendendo un idioma.

Ana Prieto anima a calquera persoas que desexe aprender ou perfeccionar o inglés a se inscribir nesta escola na que hai opcións diversas co obxecto de adaptarse a todos os perfís, intereses e niveis. Na sección de Redondela impártese o ciclo completo dende A1 ata C1, proporcionando así diversas opcións formativas tanto para quen desexa obter unha certificación oficial como para quen prefira aprender sen a presión dos exames. Os estudantes poderán escoller entre cursos presenciais de 4 horas semanais, semipresenciais de 2 horas, así como monográficos sen exames, e participar en actividades como o club de lectura e outras propostas culturais ao longo do ano.

Insiste tamén en non quedarse co mantra de “a min nunca se me deu ben o inglés” lembrando que a día de hoxe os recursos existentes son moito máis variados e o xeito de ensinar e de aprender o idioma é completamente diferente “máis práctico e máis dinámico” respecto de como se facía hai unhas décadas nas que se primaba a gramática sobre a práctica cando a día de hoxe é xusto o contrario.

Lembra tamén que malia que agora se inscriban nun determinado nivel atendendo a certificación académica da que parten, no inicio do curso o profesora reasigna ao alumando que entende pode subir de curso e hai quen incluso solicita descender a un curso menor ao que lle correspondería para comezar cunha maior seguridade

Prieto anima a calquera persoa con inquedanzas e desexos de manexarse en inglés a que probe nesta Escola onde o idioma se aprende a partir da lingua oral e a práctica, deixando en segundo plano a gramática.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: