Baixo o lema “Galiza sempre! Unha nación en marcha pola súa soberanía”, a organización nacionalista arranca a campaña comarcal de reivindicación Do Día da patria galega con este acto público que se desenvolverá na Alameda de Castelao este sábado 5 ás 20:30 horas.
Neste encontro intervirán a responsáble comarcal de Galiza Nova, Iria Custodio, o portavoz municipal do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, o responsable comarcal, Manuel Caride, e a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón.
A organización nacionalista lembra que o 25 de xullo é un día marcado no calendario de todos e todas as galegas e que esta campaña busca reividinciar esa xornada como un día de loita para a construción dun país soberano económica e politicamente.
No acto tamén se realizará unha ofrenda floral na estatua de Castelao, lembrando que neste 2025 conmemórase o 75 º aniversario do seu cabodano. O acto estará amenizado por música tradicional en vivo e, ao terminar, haberá petiscos para que todas as asistentes poidan conversar e intercambiar ideas dun xeito máis distendido.
