Hoxe é Sábado 26 de Xullo de 2025

O PP acusa ao goberno de destinar fondos da pista de atletismo e do proxecto da escola infantil de Chapela a pagar facturas das festas

javierbas

Os populares critican unha modificación de crédito realizada por resolución da Alcaldía por importe de 84.328 euros destinada a pagar facturas de festas e celebracións organizadas polo Concello cos fondos destinados especificamente para a pista de atletismo e o proxecto da escola infantil de Chapela. Instan ao goberno a dar explicacións dos motivos de desviar estes recursos para as festas en vez de destinar eses cartos a unhas actuacións previstas xa no orzamentos de 2022.

O grupo municipal do PP de Redondela denuncia a realización dun cambio de partidas económicas no orzamento a través dunha modificación de crédito. Os populares criticaron esta medida, aprobada por resolución da Alcaldía, na que se desvían 84.328 euros das partidas incluídas nos Orzamentos Municipais 2022, e prorrogados ata a data, para os proxectos da escola infatil de Chapela e a pista de atletismo e se reubican no ámbito dedicado a festexos, posto que ao goberno local urxíalle pagar facturas pendentes por este importe e tiña dita partida totalmente esgotada.

“As festas son importantes como elemento de identidade e de xeración socioeconómica para Redondela, pero nelas hai que gastar o que se poida sen renunciar a cuestións importantes” asegura o voceiro popular Javier Bas, quen acusa ao goberno de “estirar a manta dos festexos máis do que lle permite a súa nefasta xestión económica e recorrendo a unha política de ‘pan e circo’ máis propia doutros tempos”.

O concelleiro do PP criticou duramente que, deste xeito, se renuncie ou se sigan adiando sine die dous investimentos fundamentais para mellorar os servizos públicos e os equipamentos dos redondeláns.

Bas demándolle ao goberno de Digna Rivas que dea explicacións públicas dos motivos polos que, senllas partidas incluídas nos orzamentos de hai tres anos, estaban aínda sen gastar e tamén as súas xustificacións, “inexistentes” a xuízo de Bas, para desviar o diñeiro da pista de atletismo e da escola infantil de Chapela a débedas das festas que organizan desde o Concello.

“Gustaríanos que dea a cara ante os deportistas e ante as familias con cativos de Chapela para explicarlles porque os vai deixar tirados novamente. E tamén que informe de cales son as previsións para arrancar con estas dúas instalacións, aínda que, desde o PP, xa nos imaxinamos que non vai ser nunca e que só serán realidade dun goberno do noso partido”, concluíu o voceiro popular.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: