Hoxe é Sábado 19 de Xullo de 2025

O número de desempregados na comarca continúa en descenso

hostalaría

O descenso do paro no último mes estendeuse polas catro provincias galegas, especialmente en Pontevedra onde a baixada foi de 1.859 persoas. A esa descenso contribúen os datos que nos deixas os catro concellos da comarca, cun cómputo positivo en todos eles, sendo Redondela o municipio no que máis traballadores accederon a un novo contrato laboral con 57 desempregados menos respecto ao mes anterior.

Redondela contabiliza a día de hoxe 1.306 persoas inscritas nas listas do paro, o que supón un descenso do 4’2% ao longo do mes de xuño. Con todo, o descenso porcentual foi maior en Soutomaior, chegando ao 5’5%. Foron en concreto 23 as persoas que atoparon un traballo e son actualmente 398 as que continúan en situación de desemprego.

Nos municipios de Pazos de Borbén e Fornelos o número de desempregados reduciuse levemente, con catro parados menos. Concretamente en Pazos están inscritos 132 desempregados e 96 en Fornelos.

Uns datos moi positivos animados polo tirón do verán que favorece sobre todo ao sector da hostalaría que dispara as súas contratacións nestes meses estivais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: