Hoxe é Martes 22 de Xullo de 2025

O Concello rexeita a almacenaxe de contedores no cargadoiro de Rande

cargadero rande

A decisión do Porto de Vigo de autorizar o traslado de contedores a Rande ante a saturación de Guixar xa ten resposta por parte do Concello de Redondela. A alcaldesa, Digna Rivas, advirte que tanto o goberno local como a veciñanza manifestaron sempre a súa oposición ao almacén de colectores nese espazo polo impacto negativo que tería para o territorio e a cidadanía”. A rexedora lembra que toda a zona está incluída nun espazo de especial protección da UE dentro da Rede Natura.

Rivas advirte que, malia que o presidente do Porto, Carlos Botana, anunciou que se trata dunha autorización “temporal” nun momento de “saturación” do porto vigués “todo fai pensar que esta situación prolongarase en Rande e que mesmo empeorará nos vindeiros meses, xa que a previsión é que no segundo semestre do ano a saturación en Guixar aínda vaia a máis”.

Na primeira xuntanza que a alcaldesa mantivo con Botana, hai un ano, Rivas xa deixou clara esta posición do Concello e trasladoulle ao presidente que tanto o goberno local como a veciñanza “opoñémonos frontalmente á intención do Porto de manter o antigo cargadoiro como depósito de contedores”. O futuro da explanada de Duchess foi un dos asuntos que a alcaldesa abordou co presidente, e advertiulle que o Goberno redondelán “amosou sempre a súa oposición ao proxecto de reordenación do acceso á zona portuaria de Rande dende a N-552 polo impacto negativo que tería para o territorio e a veciñanza”.

A rexedora engadiu que neste terreo de dominio público portuario “atópase o cargadeiro de mineral de Coto Wagner que está incluído no catálogo patrimonial nunha contorna protexida”. No PXOM de Redondela, que está en tramitación, “amplíase esa contorna incluíndo a parcela de Duchess para poñer en valor a zona incluída no espazo protexido Rede Natura”.

Lembramos que a autorización do Porto vigués permite a empresa Traglobal ocupar durante os vindeiros seis meses un 15% da superficie total da explanada do coñecido como antigo cargadeiro de  granito en Rande o que supón empregar uns 5000 metros cadrados para o almacenamento de contedores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: