Hoxe é Domingo 20 de Xullo de 2025

Carlos Jean e The Rapants animarán o Entroido de verán de Redondela

the rapants

Os concertos, moitos deles protagonizados por grupos de ámbito local, serán os pratos fortes dunha programación de verán na que o Concello inclúe tamén os tradicionais festivais de Artistas de Rúa que celebrará o súa XXVI edición o 1 de agosto ou o Berete Rock o día 2 do vindeiro mes. O Entroido de verán celebrarase o 23 de agosto e contará con Carlos Jean, The rapants e a tradicional gala Drag. Unha programación que este venres nos deixa a actuación de Cantares de Brión na praza da Casa da Torre e que inclúe tamén unha homenaxe a Suso Vaamonde.

A Alameda Rosalía de Castro de Chapela é o lugar elixido para homenaxear ao cantautor que o próximo 20 de decembro cumpriría 75 anos e cuxa vida se apagou hai vintecinco anos. Na súa lembranza celebrarase o día 11 de xullo un emotivo homenaxe que contará coa música de Os Carunchos, Tino Baz e Catro nun zoco.

Ao día seguinte Airiño do Mar de teis ofrecerán un concerto na praza da Casa da Torre, lugar no que o día 18 as seis da tarde actuará o grupo familiar chegado dende Ventosela “As Tareixas” formado por Omara, de 8 anos e o seu irmán Román, de 11, quen cantan e tocan a trompeta e o clarinete xunto co seu pai, José Manuel. Ao día seguinte, o sábado 19 actuará o grupo redondelán Chocolate Sexy e o domingo 20 a cita será na praia de Cesantes coa Orquestra de Saxos.

De cara a final de mes, os grupos Cantatorrella e Treixadura animarán no paseo marítimo de Chapela a véspera do 25 de xullo, festividade que se celebrará no centro da vila cun concerto de Tanto nos tén, novamente na praza da tarro que o día 26 acollerá a música de Chaleco Reflectante.

A última das citas de xullo lévanos ata Reboreda coa X edición do Festival Internaciola “Carballo das cen pólas”.

Berete rock e Entroido de verán en Agosto

O mes de agosto arrancará co XXVI Festival de Artista de Rúas, cona acrividdaes pensadas para público familiar que se desenvolverán nas rúa e alameda de Redondela.

O paseo marítimo de Chapela acollerá o 2 de agosto a partir das 20:30 horas a XII edición do Berete Rock con actuación dos grupos Barrytown, Stone at Pompeii, Tregua, Hey hematoma, Noone Alive e Storrentos.

Nesa mesma xornada na praza da Casa da Torre subiranse ao escenario a cantante Noite e o grupo The Teta’s Van.

Unha programación que continuará ata o 6 de setembro e que inclúe tamén o Entroido de verán que nesta edición achegará ao noso concello as actuacións do grupo de Muros The Rapants, unha das bandas galegas con máis proxección nos últimos anos que achegarán a Redondela o “pop surfeiro e alegre” do seu último disco “La máquina del buen rollo”. Unha xornada que contará tamén coa actuación do compositor, produtor e DJ, Carlos Jean.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: