Hoxe é Martes 22 de Xullo de 2025

O PP de Pazos lamenta a “paralización total” do Concello co goberno de Luciano Otero

pp pazos

A voceira popular, Eloísa Nogueira, asegura que os dous anos de mandato están marcados pola “ausencia de orzamentos, mala política económica,  irregularidades nos procedementos, nos contratos e nos asesores, investimentos pírricos e recortes en servizos” e insta aos demais grupos da oposición, PSOE e BNG, a “abandonar a súa complicidade co alcalde de Alternativa Veciñal “ao que investiron malia perder as eleccións” e a “actuar a prol dos veciños en vez de facer publicamente críticas covardes e ineficaces”.

Os populares fan unha emenda á totalidade á xestión do goberno independente de AV e instan a PSOE e BNG, “a abandonar a súa complicidade do rexedor e actuar a prol dos veciños” insistindo en que “hai fórmulas para reverter esta terrible situación”, en palabras de Eloísa Nogueira.

En canto ao balance municipal, o PP de Pazos criticou a política económica, xa que o Concello traballa co orzamento prorrogado do ano 2022, elaborado cando gobernaba Andrés Iglesias, “xa que o alcalde non é quen de chegar a acordos pola súa política sectaria e economicamente nefasta agás para os seus afíns”.

Aseguran ademais que  hai un incumprimento sistemático dos procedementos e un levantamento dos reparos ás contas e facturas, xa que “neste mandato só se benefician os que reciben determinadas contratacións e todo o conglomerado de empresas dos seus asesores”.

Critican o que cualifican de “gasto desorbitado en comunicación” mentres os os investimentos son pírricos con servizos municipais, como as piscinas ou as ludotecas para a conciliación de verán, “que sofren continuos recortes ou directamente se suprimen”.

Eloísa Nogueira tamén criticou a supresión de axudas para festas gastronómicas e patronais, a redución das subvencións a clubs deportivos, Anpas e a asociación de pensionistas ou a ausencia da roza das pistas e camiños municipais a piques de finalizar o mes de xuño co conseguinte risco para a seguridade viaria e peonil e para a reprodución de lumes forestais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: