Hoxe é Mércores 30 de Xullo de 2025

O Ministerio rexeita catalogar o tramo da N-550 na Pantalla como “treito de concentración de accidentes”

pantalla

Os nacionalistas critican que non se atenda a súa petición de que o tramo da N-550 se catalogue como “treito de concentración de accidentes” o que permitiría “unha importante mellora na seguridade viaria da estrada” . Lembran que se trata dun punto no que conflúen unha dobre curva sinuosa que enlaza cunha longa recta, ademais de situarse un enlace de acceso á parroquia de Ventosela e O Viso e no que “mesmo se teñen producido graves accidentes de tráfico con vítimas mortais”.

Critica a actitude do Ministerio de transportes que rexeitou a solicitude de catalogar este tramo da estrada como “treito de concentración de accidentes”, petición realizada polos nacionalistas Néstor Rego no Congreso e Carme da Silva no Senado.

En contra do agardado, o ministerio de mobilidade denegou a petición nacionalista. O voceiro do BNG en Redondela Xoán Carlos González considera ademais “unha irresponsabilidade aumentar a velocidade a 90 km/h na recta de acceso ao Viso, neste mesmo treito da Pantalla”.

Explican que na actualidade 14.500 vehículos cruzan a diario a estrada N-550 que vai dende o Alto dos Valos ata Soutoxuste, dos cales 1.450 de grande tonelaxe. Unha intensidade media diaria moi por riba dos criterios básicos de seguridade. Proximidade a centros educativos e dotacionais, espazos densamente poboados como Os Tras en Cesantes e Santa Mariña, xunto curvas sinuosas ou falla de beirarrúas para os peóns, serían algunhas das eivas que argumentaron na súa exposición parlamentaria o BNG.

Anuncian tamén que teñen previsto presentar novas iniciativas parlamentarias vinculadas coa seguridade na estrada N-552 Redondela-Vigo e N-555 Redondela-Peinador”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: