Hoxe é Xoves 24 de Xullo de 2025

O Concello pide colaboración cidadá para atopar o autor do abandono de cinco crías de gato nun contedor

abandono animal

Os animais apareceron no Corisco na parroquia de Saxamonde e estaban dentro dunha caixa de cartón precintada. O aviso dun veciño evitou que morreran esmagados dentro do camión do lixo. Agora atópanse en custodia do Concello e nos vindeiros días entrarán no programa de adopción felina.

O Concello de Redondela pide colaobración cidadá para atopar á persoas ou persoas responsables do abandono de cinco gatiños con tan só semanas de vida que apareceron o pasado xoves 26 de xuño dentro dun contedor do lixo na zona do Corisco na parroquia de Saxamonde, concretamente nun contedor que se atopa no camiño que vai cara Vilar de Infesta.

Os animais foron atopados logo de que un veciño alertara á policía local. Unha vez no lugar comprobaron que no interior dunha caixa de cartón precintada algún desaprensivo metera aos cinco animais procedentes de camadas diferentes, dúas das crías teñen sobre mes e medio de idade mentres que as outras tres apenas contan con tres semanas de vida. A súa localización evitou que morreran triturados e esmagados dentro do camión do lixo.

Os gatiños atópanse agora baixo o coidado do Concello e nos vindeiros días entraran no programa de adopción felina. O obxectivo será atoparlles un fogar responsable que adopte a estes animais e lles dea unha segunda oportunidade. As persoas que estean interesadas poden chamar ao teléfono 986 400 300.

Dende o concello piden tamén colaboración cidadá para tentar dar co autor e quen se lle imputaría un delito tal e como está recollido na Lei de Benestar animal. Calquera persoa que observara algo sospeitoso esa noite ou conte con información en torno a este abandono poden poñerse en contacto coa Policía local no teléfono 986 402 610.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: