Hoxe é Sábado 26 de Xullo de 2025

A biblioteca de Soutomaior achega as lecturas ás zonas de baño do concello

Silvia Cernadas con Raquel e Diego, monitores de Biblioverán 2025

A nova edición da Biblioverán arrancou o pasado 24 de xuño e prolongarase ata o 18 de setembro. O servizo permite trasladar ás diferentes zonas de baño do concello os libros da biblieteca e inclúe tamén unha programación con contacontos, obradoiros e lecturas compartidas en hroario de 17:30 a 20:00 horas.

Un ano máis a Biblioverán desenvolverase nas praias do  Peirao, a Veiguiña Longa, en Comboa, e á Xunqueira  de Arcade. Lugares, todos eles, onde se ofreceu non só un espazo para a lectura ao aire libre, senón tamén un espazo onde se levarán a cabo diferentes actividades de animación á lectura onde haberá contadas de contos, teatro, diferentes obradoiros, préstamos e devolucións de libros así como lecturas compartidas.

As actividades máis inmediatas inclúen un espectáculo de monicreques, un obradoiro de creación de marcapáxina e de xogos de mesa en familia e sesión de contos teatralizados. Toda a información atópase neste enlace https://soutomaior.gal/programacion-biblioveran-2025/

A Biblioverán aterrará sempre en horario de 17:30 a 20:00h.,  os martes na praia da Muxeira, no Peirao de Arcade, os mércores na Veiguiña Longa, en Comboa e os xoves na Praia da Xunqueira de Arcade.

A concelleira de Cultura de Soutomaior, Silvia Cernadas, destacou que “o Biblioverán xa é un programa asentado na axenda cultural de Soutomaior durante a época estival, logo de dous anos amosando unha moi boa acollida por parte dos usuarios e usuarias das zonas de baño do concello”. O obxectivo desta iniciativa é o de manter o hábito lector durante a época estival. Así nestes espazos realizaranse préstamos de libros, devolucións, lecturas in situ e moito máis sen ter que desprazarse ao local da biblioteca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: