Hoxe é Mércores 30 de Xullo de 2025

Investigado por conducir baixo os efectos do alcohol tras unha persecución entre Redondela e Mos

poli local

Axentes da Policía local víronse obrigados a participar en dúas operacións por presuntos delitos contra a seguridade vial.  Un dos condutores circulaba por Saxamonde sen contar cos permisos pertinentes mentres que o segundo dos investigados, un veciño de Mos, circulaba por Vilar baixo os efectos do alcohol e foi interceptado logo dunha persecución policial que rematou no domicilio do investigado.

Este suceso tiña lugar preto das 22.00 horas da noite do pasado xoves, cando unha patrulla da Policía Local que circulaba pola estrada de O Galleiro observou un vehículo que iniciaba a marcha de xeito neglixente. Os axentes procederon a darlle o alto ao condutor, quen fixo caso omiso das demandas da policía. Iniciouse unha persecución pola Estrada do Galleiro que levou aos vehículos a atravesar o camiño Granxa de Vilar, o camiño da Rexa e o camiño Coutadas, xa no termo municipal de Mos, onde foi interceptado cando pretendía agocharse no interior do seu domicilio.

Feitas as probas de alcoholemia, o condutor acadou un resultado positivo de 0.80 e 0.82mg/l aire expirado polo que foi investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria. Este individuo tamén foi proposto para sanción por non obedecer as ordes dos axentes e pola condución neglixente.

O segundo feito, tería lugar arredor das 03.00h da madrugada do venres cando unha patrulla observou circular un vehículo procedente de Saxamonde, recoñecendo o vehículo e o seu condutor como un varón que carece de permisos vixentes, polo que se lle deu o alto. Confirmou que efectivamente o condutor carecía dos permisos pertinentes e procedeuse a súa citación para xuízo rápido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: