Hoxe é Mércores 30 de Xullo de 2025

A oficina móbil da Policía expide 30 documentos na súa primeira xornada en Soutomaior

servizo mobil policía

As veciñas e veciños de Soutomaior poden por primeira vez renovar e facer o DNI ou o pasaporte de maneira directa no concello, evitando así que teñan que trasladarse a Vigo ou Pontevedra para facer este trámite. O servizo arrancou este 30 de xuño, terá unha periodicidade mensual e instalarase na casa do concello.

Neste primeiro día do servizo a oficina móbil da Policía Nacional atenderá unhas 30 persoas. Xa están dispoñibles as seguintes datas nas que a Policía Nacional se achegará á Casa do Concello: será o 15 de xullo e 19 de agosto. As persoas interesadas en realizar este xestión poden pedir cita nas oficinas xerais do Concello, simplemente tedes que chamar ás Oficinas Xerais do Concello e vola tramitarán

Este servizo está pensado para concellos onde non existe Comisaría ou Oficina da Policía Nacional, facilitando así á veciñanza a obtención ou renovación do DNI e o pasaporte sen ter que trasladarse a cidades veciñas e perder unha mañá para contar con esta documentación en regra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: