Hoxe é Xoves 24 de Xullo de 2025

A Deputación avanza na creación dunha vía verde entre Pontevedra e Redondela

vía verde

O organismo provincial adxudica o plan de viabilidade para o proxecto de construción dunha vía verde entre Pontevedra e Redondela polos treitos en desuso da antiga vía do tren. A Fundación dos Ferrocarrís Españois, unha entidade de referencia a nivel nacional na reconversión de antigos trazados ferroviarios en sendas peonís, será a encargada de analizar o estado actual da vía e realizar un deseño do trazado da futura senda peonil.

Unha vez que o Ministerio de Transportes, a través do Adif, amosou a súa disposición a ceder as vías de ferrocarril neste tramo, a Xunta de Goberno da Deputación acordou encargará a Fundación a realización dun estudo que se encargará de analizar cuestións fundamentais para a execución do proxecto. Concretamente analizará o estado actual da vía, as alternativas de trazado e realizará un deseño preliminar, así como a dispoñibilidade xurídica do trazado proposto, os servizos complementarios e a potencialidade da vía en canto a patrimonio cultural e entorno natural.

A adxudicación deste proxecto supón un novo paso adiante no impulso dun proxecto que é estratéxico para a provincia e que abandeira o goberno de Luis López co obxectivo intermediar con todas as administracións implicadas nun proxecto complexo que ten como obxectivo final unir as cidades de Vigo e Vilagarcía cunha senda peonil e verde polo antigo trazado da vía do tren.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: