Hoxe é Sábado 26 de Xullo de 2025

Só os residentes poderán circular por Telmo Bernárdez, rúa que actualmente soporta ata 2.500 vehículos diarios

created by dji camera

O goberno local insiste en que o elevado tráfico que circula por esta zona do Casco histórico resulta incompatible coa conservación do patrimonio e a seguridade da veciñanza. Explican que as cámaras instaladas na praza da Constitución, rúa Prata, Pai Crespo e Campo das Redes rexistraron unha media de 2.500 vehículos diarios. Estos dipositivos, que agora están a funcionar en probas, servirán para controlar que só os residentes do casco histórico poidan circular por esta vía, descartándose que poida ser empregada polos veciños de Eidos. Tamén poderán circular os servizos públicos e emerxencias así como operacións de carga e descarga.

As cámaras para o control de tráfico instaladas polo Concello no casco histórico da vila rexistraron un total de 50.979 vehículos en 20 días e, entre todos os vehículos que circulan por esta zona restrinxida, detectáronse 9.247 matrículas diferentes. A cifra é moi superior ao volume de residentes estimado no casco histórico.

Os dispositivos instaláronse na praza da Constitución, rúa Prata, Pai Crespo e Campo das Redes e, malia que agora están en probas, servirán –unha vez entre en marcha a peonalización- para identificar as matrículas dos vehículos e controlar que só circulan os coches autorizados. O goberno local insiste en que previamente á entrada oficial en funcionamento destas cámaras, informarase á cidadanía.

O acceso estará permitido para os residentes e propietarios de inmobles no casco histórico. Do mesmo xeito poderán circular os vehículos de servizos públicos e emerxencias, así como as operacións de carga e descarga. Desde o Concello sinalan que este novo sistema evitará que as persoas non residentes circulen polo casco histórico, o que reducirá dun xeito moi significativo o tráfico. As cámaras servirán para previr o estacionamento indebido e axudarán a que as rúas sexan máis seguras. Os dispositivos terán tamén un efecto disuasorio ante actos incívicos que ocasionan molestias aos residentes. No caso de áreas delicadas, as cámaras axudarán a protexelas e, no caso de rexistrarse algún problema, a axuda chegará antes xa que estarán conectadas á policía.

Malia que aínda non hai data para a entrada en vigor desta peonalización, o Concello lembra que a súa posta en marcha busca restrinxir o tráfico na zona do casco histórico da vila para “mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños e veciñas, fomentar a sostibilidade e preservar o patrimonio histórico”. De feito, as restricións de tráfico comezaron xa en 2012, pero ata o de agora o sistema presentaba moitas eivas. Os incumprimentos das limitacións no caso histórico son moi frecuentes, o que supón un grave prexuízo para o patrimonio e unha inseguridade para os peóns. Eiva que entenden será solventanda con este sistema de cámaras de control de tráfico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: