Hoxe é Mércores 30 de Xullo de 2025

Vandalizan a sede da Asociación de veciños de Chapela

pintadas

O colectivo veciñal denuncia un novo ataque vandálico contra os murais que decoran as paredes da súa sede social no antigo edificio da estación de Chapela. O graffiti máis afectado é o que homenaxea á activista e veciña da parroquia Sesé Mateo no que se reproduce un dos seus poemas que apareceu agora estragado e sobreescrito cunha pintada. O acto vandálico foi denunciado tanto no Concello como na Policía Local.

A acción dos vándalos foi obra dalgún individuo ou individuos previsiblemente na xornada do martes. Os integrantes da asociación de veciños decatáronse ao día seguinte do acto vandálico que afea notablemente as paredes da súa sede. Sobre os murais que decoraban estes espazos apareceron as pintadas “PESOE” e “PESOE corrupto”, en ambos os dous casos coas siglas do partido socialista mal escritas.

Unha acción que estragou un texto extraído do libro “No camiño do vento” da activista de Chapela Sesé Mateo no que se podía ler o poema “A piques está de estoupar un corazón, coma un cristal vivinte no lume da conciencia”. Un texto que homenaxeaba a unha muller que foi asasinada pola súa exparella no ano 2017.

Non é a primeira vez que se produce un acto vandálico semellante, xa que hai un ano os murais realizados pola redondelá Paula Amoedo tamén aparecerán estragados. Naquela ocasión un graffiti que presentaba todas as cores do arco da vella e que supuñan un atractivo para veciños e visitantes que se fotografaban con elas, apareceron tachadas con pintura negra. Outra das imaxes, un puño que presentaba cores diversas en cada un dos seu dedos, aparecera pintado de vermello e amarelo, nun intento de representar a bandeira española.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: