Hoxe é Luns 4 de Agosto de 2025

Concerto de fin de curso e xornadas de portas abertas no Conservatorio de Redondela

conservatorio

O Conservatorio Víctor Ureña celebra este venres 27 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira o seu tradicional concerto de fin de curso con actuacións a cargo da Banda de musica do centro, o coro de alumnos e os diferentes ensembles instrumentais. Un xeito de que o alumnado amose ante o público todo o aprendido ao longo do curso, polo que animan á veciñanza a achegarse a esta cita musical de balde que terá lugar esta mesma tarde.

O conservatorio celebra tamén na vindeira semana as xornadas de portas abertas con gallo de dar a coñecer as súas instalacións así como as ensinanzas musicais que alí se imparten. Serán os días 1 e 3 de xullo en horario de tarde, de 18:00h a 20:00 h.

Lembran dende a dirección do centro que no conservatorio impártense diferentes especialidades instrumentais como piano, violín, saxofón, clarinete, percusión, frauta traveseira, trompeta, trompa,trombón.

A maiores, na escola municipal de música impártese gaita, guitarra, teclados, percusión tradicional, música moderna, música e movemento a partir dos 3 anos, conxunto instrumental a partir dos 6, canto moderno para nenos e adultos, coro infantil, orquestra moderna e big-band.

O prazo de formalización de matrícula xa se atopa aberto, para a matrícula do vindeiro curso 2025/2026 ata o 4 de xullo. Para máis información pódese consultar a páxina web do centro https://conservatorioprofesional.redondela.gal ou contactar a través do correo electrónico oficina.conservatorio@redondela.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: