Hoxe é Mércores 9 de Xullo de 2025

Soutomaior presenta o II Festival Rebulir de danza

Silvia Cernadas, presentando o Rebulir na Carballeira do Peirao de Arcade (1)

A Carballeira do Peirao de Arcade, en Soutomaior, converterase o vindeiro domingo 6 de xullo no referente da danza contemporánea coa celebración da segunda edición do Festival Rebulir. Este evento, que combina arte, natureza e innovación, reunirá a destacadas compañías como Colectivo DeXeito, Colectivo Glovo e Tanit Cobas nunha xornada chea de movemento, emoción e reflexión, aberta a todos os públicos e de balde.

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, presentou onte o festival, destacando o seu obxectivo de “aunar danza e natureza nun entorno único como a Enseada de San Simón”. “Queremos consolidar a danza contemporánea como unha cita ineludible na nosa programación cultural e espertar a curiosidade de novos públicos”, afirmou.

O Festival Rebulir, creado en 2024, naceu co propósito de dinamizar o municipio a través dunha disciplina artística que combina movementos dos séculos XX e XXI para expresar ideas e sentimentos con liberdade.

A xornada comezará ás 17:00 horas cun obradoiro gratuíto de danza, A danzare, impartido polo Colectivo Glovo e dirixido a persoas maiores de 10 anos, sen necesidade de inscrición previa.

A partir das 19:15, darán comezo as actuacións:

  • 77.000, do Colectivo DeXeito: unha obra impactante que lembra as 77.000 toneladas de fuel do Prestige (2002), Premio á Mellor Peza no Festival DZM 2024.
  • Alleo, do Colectivo Glovo ás 19:45: unha peza que explora o coñecemento, a soidade e o descoñecido.
  • The Exposure, de Tanit Cobas, ás 20:15: proposta seleccionada no GEP 2024, que invita a cuestionar a esencia das persoas a través da danza.

O evento pechará cun coloquio aberto, O falar da danza, de 20:30 a 21:00 horas, onde o público poderá intercambiar impresións coas compañías participantes.

Todos os actos celebraranse na Carballeira do Peirao de Arcade, e, como novidade, tamén no entorno da praia, ofrecendo un escenario natural incomparable.

Dende o Concello de Soutomaior animan a veciños e visitantes a participar nesta experiencia cultural única, que promove a liberdade de expresión artística nun espazo público. O Festival Rebulir preséntase como unha oportunidade para gozar, aprender e conectar coa danza contemporánea nunha contorna privilexiada e inspiradora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: