Hoxe é Xoves 3 de Xullo de 2025

Campaña de doazón de sangue en Chapela e Redondela

20230427 Unidade mobil Ados

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración co Concello de Redondela, organiza unha campaña especial de doazón de sangue en Redondela e Chapela para contrarrestar a menor participación habitual durante o verán. A iniciativa contará con unidades móbiles situadas en dous puntos do municipio, co obxectivo de facilitar a doazón e garantir o abastecemento de sangue nos hospitais galegos.

Horarios e localizacións das unidades móbiles:

  • Xoves, 10 de xullo: Alameda de Rosalía de Castro (Chapela), de 15:30 a 21:00 h.
  • Venres, 11 de xullo: Praza do Concello, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h.
  • Sábado, 12 de xullo: Praza do Concello, de 10:00 a 15:00 h.

Para doar sangue, é necesario ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 kg, almorzar antes da doazón e, en caso de xantar, esperar dúas horas antes de doar, evitando sempre comidas copiosas; ademais, débese levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informar ao médico sobre calquera medicación que se estea tomando.

A ADOS fai un chamamento á cidadanía para que colabore achegándose ás unidades móbiles e recomenda confirmar a asistencia con dous días de antelación por correo electrónico ou calquera outro medio. Esta campaña busca sensibilizar á veciñanza e ofrecer todas as facilidades para doar, grazas á mobilidade das unidades.

José Luis Beiras Padella, director de Xestión e Servizos Xerais da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, salientou a relevancia desta acción solidaria e agradeceu a xenerosidade das milleiras de persoas que doan sangue, esencial para salvar vidas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: