Lugo, a cidade das murallas acolleu o Campionato Galego Sub23 de Atletismo ao Aire Libre, onde o atleta Andrés Corugeira Ligero do Club de Atletismo de Redondela brillou cunha actuación destacada, logrando dúas medallas de prata e mellorando a súa marca persoal.
Andrés comezou a xornada coa proba de Lanzamento de Xavelina, onde se proclamou subcampión galego sub23 cun rexistro de 19,18 m. A media mañá, demostrou a súa resistencia na proba de 1500 m, conseguindo novamente o título de subcampión galego sub23 cun tempo de 5:15.90. Xa pola tarde, na proba de 200 m, Andrés non defraudou e mellorou a súa marca persoal, cruzando a meta en 25,15 segundos, consolidando unha xornada chea de éxitos.
Estes excelentes resultados son froito do traballo de Andrés e do seu adestrador, Javier Besada, a quen o club tamén felicita polo seu labor.
