Hoxe é Luns 30 de Xuño de 2025

Unha proba de trail running unirá os Castelos de Soutomaior e Sobroso

castelo

A Deputación de Pontevedra traballa na creación da proba deportiva “Entre Castelos Rías Baixas” para divulgar estas dúas fortalezas cunha actividades que busca promover o turismo e o patrimonio das Rías Baixas e que será completamente gratuíta para os participantes. O trail entre Sobroso e Soutomaior está pensado para adultos e complétase cunha andaina popular e unha carreira infantil.

A Deputación destinará 54.500 euros para a posta en marcha por primeira vez do trail Entre Castelos Rías Baixas, unha actividade para impulsar o turismo activo na provincia e dar visibilidade ao patrimonio. A Xunta de Goberno acaba de aprobar o expediente de contratación para adxudicar o servizo de organización e execución desta actividade.

Ademais do trail para adultos que partirá de Sobroso cara Soutomaior, contempla unha andaina popular e unha carreira infantil, que se desenvolverán ao longo de dúas xornadas pensadas para todos os públicos. Durante as sesións, ademais das actividades deportivas haberá conferencias e adestramentos con influencers do ámbito deportivo.

Está previsto que no trail Entre castelos Rías Baixas participen arredor de 1.000 persoas nesta actividade que ademais contempla un servizo de lanzadeira en autobús para trasladar as persoas participantes entre os distintos puntos do percorrido. Tamén se ofertará unha ludoteca con monitores especializados para o coidado de nenas e nenos, co fin de facilitar a participación das familias e garantir unha experiencia cómoda e inclusiva.

O trail running é unha modalidade de runnin que se practica en contornas naturais como sendeiros, bosques e montañas e implica superar obstáculos como rochas, raíces, pendentes e variacións de terro, o que require pro parte dos participantes unha maior concentración e adaptación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: