Hoxe é Luns 7 de Xullo de 2025

O CPA Bolboreta Redondela pecha a tempada co seu festival de fin de curso

WhatsApp Image 2025-06-24 at 11.41.06 (1)

Fotos da gala do ano pasado

O Pavillón Municipal da Marisma acollerá, este venres 27 de xuño ás 19:00 horas, o Festival de Fin de Curso do Club de Patinaxe Artística Bolboreta, un evento que reunirá a preto de 100 patinadores e patinadoras para mostrar o traballo e a evolución desta tempada. A directiva do club destaca que o obxectivo é “gozar xuntos do esforzo e mellora dos membros do club, despedindo a tempada en comunidade”.

O festival contará con 18 actuacións que incluirán bailes grupais dos tres grupos de libre, o grupo de iniciación, os dous grupos de show, e exhibicións individuais nas categorías de niveis, amateur, rexional e nacional. Ademais, o evento terá a participación especial do CEIP Reboreda, o Club Deportivo Ourela e o CPA Covelo, aos que o club agradece o seu apoio.

“No festival facemos un breve repaso de toda a tempada”, Cristina Boullosa.

Entre as actividades, haberá un sorteo con agasallos doados por establecementos de Redondela e unha cantina para recadar fondos. O evento, organizado polo CPA Bolboreta en colaboración co Concello de Redondela, a Concellería de Deportes, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, promete ser unha celebración chea de emoción e sorpresas.

“Algunha sorpresiña haberá, pero non podemos desvelala”, Cristina Boullosa.

A presidenta do club, Cristina Boullosa anima “a todo o mundo a  desfrutar do festival connosco. Foi unha tempada moi bonita, chea de esforzo, aprendizaxe e momentos compartidos e queremos pechala xunto a todas as persoas que nos apoiaron”. Unha cita imprescindible para gozar do talento e da paixón polo patinaxe artístico en Redondela.

“As coreografías son orixinais e feitas polo club e iso o valora o xurado”, Cristina Boullosa.

O CPA Bolboreta de Redondela celebrou en maio o éxito no Campionato Galego de 2ª Categoría Show Xunta de Galicia, que tivo lugar no Pavillón Municipal das Pontes. Os seus dous grupos destacaron polo seu talento e esforzo, logrando resultados destacados. O grupo pequeno, “Reina Blanca”, conseguiu un merecido segundo posto, mentres que o grupo grande, “¡Un funeral muy random!”, acadou a quinta posición. Segundo a directiva, estas dúas actuacións poderemos velas no Festival de Fin de Curso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: