Hoxe é Venres 4 de Xullo de 2025

Luís Chapela presenta en Redondela o libro “Remuiños do tempo”

luis chapela

Unha actividade enmarcada dentro do ciclo “As conversas de Alén Nós” que achegará o escritor de Moaña este xoves ás 20:30 horas á Casa da cultura. Presentará o seu libro de relatos no que presenta diferentes personaxes reais cuxas historias foi recompilando logo de horas falando cos seus protagonistas, homes e mulleres con nomes e apelidos da súa aldea de Berducedo e do concello de Moaña pero cuxas vivencias podemos atopar en calquera parte do país. Estará acompañado na presentación polo prologuista Anxo Padín e Víctor Viaño da Asociación Alén Nós.

Un libro que foi escrito logo de horas e horas de conversa no transcurso de varios anos, nos que o autor foi falando e recollendo todos eses “relatos de vida” que logo trasladou ao papel como un xeito de preservar esa memoria. De feito, moitos dos seus protagonistas xa non están, o que converte tamén o libro nunha homenaxe a todos eles.

Na presentación ademais do propio autor, intervirá un dos prologuistas do libro Anxo Padín, nunha conversa que terá lugar o xoves ás 20:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: