O sexteto habitual de A Casa de Arriba dará será o encargado de dar este xoves 26 o pistoletazo de saída á segunda edición do festival en Brisa Chiringo. A Programación inclúe un ciclo de seis concertos estivais con formacións que van dende o blues clásico ao funk latino. As entradas para estes concertos xa están dispoñibles a un prezo de 10 euros en www.bluesandrias.com.
O escenario de Brisa Chiringo acolle este xoves o primeiro concerto a cargo de Red Duck Blues Jam!, un sexteto composto por guitarras, teclado, trompeta, baixo e batería. Os asistentes poderán gozar dunha noite dedicada á improvisación e ao repaso de clásicos atemporais do Blues, Soul e Funk.
O 10 de xullo, o mestre da guitarra Claudio Gabis Blues Band regresará desde Madrid para unha nova visita a Galicia. Acompañado da súa banda viguesa, Gabis repasará os grandes éxitos da súa carreira con Manal e a súa etapa solista, incluíndo a banda sonora de “O Eternauta”, serie que actualmente triunfa a nivel mundial en Netflix.
A celebración do Día de Galicia, o 24 de xullo, estará a cargo de Lelli Kelly’s. Desde o Morrazo, esta formación presentará o seu novo disco co seu característico rock en galego.
O 7 de agosto, o puro rockabilly chegará da man de Mad Martin trío, chegados dende Santiago de Compostela ofrecerá un concerto especial que transportará ao público aos sons máis auténticos do rock and roll dos anos 50.
A nova sensación da música viguesa deste ano, Tangomando, subirase ao escenario o 21 de agosto. Liderada por Toño López, esta nova formación de oito músicos, cunha recoñecida traxectoria no mundo do jazz, presentará o seu disco de funk en castelán, destacando polos seus arranxos e a inesgotable enerxía da súa frontman.
Finalmente, o 4 de setembro, o ciclo pechará co acento cubano da Yuka Funk. Este quinteto de músicos cubanos e galegos afincados en Vigo presentará o seu novo disco, achegando un aire fresco e moi bailable ao funk, con ritmos quentes e moito talento escénico.
