Hoxe é Martes 8 de Xullo de 2025

Campamento de verán en Pazos de Borbén

campamentos pazos editado

O Concello de Pazos organiza entre o 1 de xullo e o 29 de agosto un campamento gratuíto orientado a nenos, nenas e adolescentes no que se realizarán actividades diversas que inclúen arte, danza, deporte, música e xogos. O prazo de inscrición remata o xoves 26 de xuño.

O campamento está dividido por idades, cunha quenda pensada para nenos de 3 a 12 anos e outra orientada a rapazada que teña entre 13 e 16 anos, con actividades pensadas para cada un dos grupos de idade.

No primeiro dos casos o horario é de luns a venres de 9:00 a 14:00, con servizo de conciliación que permitirá ampliar a atención dende as 8:30 ata as 14:30 horas, favorecendo así a conciliación aos proxenitores. O campamento desenvolverase nas instalacións do colexio Curros Enriquez.

Os maiores de 13 anos contarán con actividades de martes a xoves en horario de 10:30 a 13:30 que se impartirán no Campo de Fútbol de Nespereira.

As persoas interesadas poden informarse e realizar a inscrición a través do correo ssocial@pazosdeborben.gal ou chamando ao número de teléfono 986 497 035

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: