Hoxe é Luns 14 de Xullo de 2025

Redondela acolle o VII Torneo de Esgrima Histórica

Ropera-2048x1365

O vindeiro sábado 21 de xuño, Redondela converterase no epicentro das Artes Marciais Históricas Europeas coa celebración do VII Torneo de Esgrima Histórica, organizado pola Sala Viguesa de Esgrima Antiga en colaboración coa Concellería de Deportes de Redondela. Máis de 50 esgrimistas de toda España e Portugal daranse cita no pavillón municipal para competir en tres disciplinas: espada medieval con escudo broquel, espada ropera dos séculos XVI e XVII, e espada longa a dúas mans, característica dos cabaleiros con armadura completa.

O torneo, que se desenvolverá desde as 10:00 ata as 19:00 horas, seguirá o seguinte programa:

  • 10:00 h: Torneo de Espada Medieval e Escudo Broquel.
  • 12:00 h: Torneo de Espada Ropera.
  • 16:00 h: Torneo de Espada Longa a Dúas Mans.
  • 19:00 h: Entrega de Trofeos.

A edición anterior foi un rotundo éxito, tanto polo entusiasmo dos esgrimistas como pola gran afluencia de público, que gozou dos combates medievais e renacentistas desta arte marcial europea. Ano tras ano, o Torneo Vila de Redondela gaña en convocatoria, consolidándose como un evento puntuable para a Liga Galega e clasificatorio para o ránking mundial de HEMA (Historical European Martial Arts).

A Sala Viguesa de Esgrima Antiga, referente nacional neste ámbito, imparte clases semanais en Vigo e conta cun palmarés de numerosos éxitos nacionais e internacionais. Desde a súa fundación hai 18 anos, colabora con museos na recuperación e divulgación das artes marciais europeas e participa activamente en recreacións históricas.

O evento promete ser unha xornada vibrante, chea de habilidade, tradición e espectáculo, aberta a todos os públicos que queiran achegarse a descubrir ou gozar desta disciplina única no pavillón municipal de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: