Hoxe é Xoves 10 de Xullo de 2025

Manolo “Casa Paco” abre as festas da Coca coa lectura do pregón

98355811_162434941976443_5591655606705455104_n

O Concello de Redondela arranca esta tarde cinco días de festexos con motivo da semana grande da  Festa da Coca, na que as tradicionais danzas das Espadas e das Penlas serán as grandes protagonistas xunto coas alfombras florais. Non faltará tampouco unha programación musical de récord, pensada para todos os gustos e idades.

Ás 18 horas, o desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañado polo grupo de gaitas Airiños de San Simón, marcará o inicio das festas, seguido dun concerto da Orquestra de Saxos de Redondela na Praza do Concello. Ás 20 horas, Manuel Conde Docampo, coñecido como Manolo Casa Paco, pronunciará un pregón cargado de emoción, dando inicio oficial ás celebracións. No acto, realizarase tamén a substitución das Penlas, unha homenaxe as alfombristas e ex xefes da Danza das Espadas, e o aceso da iluminación festiva. A noite pecharase cunha multitudinaria verbena a cargo da orquestra Panorama City, que fará bailar a todos ata ben entrada a madrugada.

Manolo Casa Paco: un redondelán de corazón
No seu pregón, Manolo Casa Paco, de 70 anos e nado na Estación Vella de Redondela, compartirá a súa fonda conexión coa vila e a Festa da Coca, que vive con paixón dende a infancia. Criado no emblemático restaurante Casa Paco, fundado polos seus pais, Manuel destacará os momentos compartidos con veciños e amigos, que foron a base do seu amor por Redondela. Este cariño traduciuse na súa dedicación ao deporte, fundando o Club Deportivo Casa Paco, que leva máis de 40 anos formando a miles de rapaces e rapazas, algúns dos cales chegaron ao fútbol profesional.

Manolo describe a Festa da Coca como un reflexo da identidade redondelá, unha mestura de historia, lenda e comunidade, onde os bailes das Penlas e das Espadas simbolizan a valentía e a unidade.

Programación
Os actos do xoves 19 de xuño comezarán ás 11:00 hco traslado da Virxe A Gabacha dende a igrexa de Vilavella ata a igrexa de Santiago de Redondela, acompañada pola Danza das Espadas, as Penlas e a Banda de Música de Redondela. Ás 12:00 h, terá lugar o desfile da Coca cos mordomos e dianiños, xunto a xigantes e cabezudos e o grupo de gaitas Son do Castro, seguido pola misa maior. Á 13:00 h, a procesión percorrerá as rúas decoradas con alfombras florais, acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela, e rematará cun baile homenaxe da Danza de Espadas e das Penlas. Pola tarde, ás 19:30 h, o grupo Uxía Lambona e a Banda Lambona actuará na Praza do Concello, onde tamén se celebrarán os actos centrais da xornada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: