Hoxe é Martes 15 de Xullo de 2025

IES Chapela estrea con gran acollida cinema feito polo alumnado

A profesora Tamara Rial e o profesor Miguel Pérez, con Séchu Sende en pantalla. 01

A profesora Tamara Rial e o profesor Miguel Pérez, con Séchu Sende

O IES de Chapela converteuse onte nun escaparate de talento e compromiso coa estrea de dúas curtametraxes realizadas polo alumnado de 4º da ESO na materia de Proxecto Competencial. As pezas, tituladas Estou contigo, baseada no texto homónimo de Séchu Sende recollido en Made in Galiza (2007), e Coma lobos, inspirada nun relato de Carlos Casares do libro Vento ferido (1967), foron o resultado dun intenso traballo creativo que envolveu a todo o grupo.

O alumnado tomou as rendas de todo o proceso: dende a creación do guión, a solicitude de permisos e a busca de localizacións, ata o deseño de decorados, vestiario, atrezzo, actuación, rodaxe, gravación e edición. Este esforzo colectivo destacou pola ilusión, o compromiso e a madurez da mocidade de Chapela, que puxo en valor a importancia de traballar en equipo para dar vida a proxectos artísticos de calidade.

As curtametraxes, cargadas de significado, buscan transmitir o amor e o orgullo pola identidade galega, así como a necesidade de defender as conviccións propias e non permanecer calados ante as inxustizas, mesmo cando iso implique ir contracorrente. O acto de presentación contou coa presenza de representantes da Fundación Carlos Casares, Gustavo A. Garrido e Miguel Valverde, e do escritor Séchu Sende, quen celebraron o valor dunha educación pública creativa, comprometida e con valores.

As dúas obras xa están dispoñibles na plataforma YouTube, onde o público pode gozar do talento e da mensaxe desta nova xeración de creadores de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: