Hoxe é Xoves 3 de Xullo de 2025

Coche calcinado no monte de Trasmañó

image (1)

Un coche foi atopado completamente calcinado no monte de Trasmañó, na zona de San Vicente, preto da Mamoa do Rei, en Monte Penide. A Policía Local recibiu unha chamada ás 07:09 alertando dun lume na área, o que mobilizou de inmediato a unha patrulla, ao GES de Mos e aos Bombeiros Forestais.

Segundo as autoridades, o vehículo, un modelo do ano 2007, podería estar relacionado cun roubo, xa que é unha práctica habitual que os delincuentes incendien coches roubados en zonas montañosas para facelos desaparecer. No momento da chegada dos axentes, non había ningunha persoa no lugar dos feitos.

O lume afectou lixeiramente algúns fentos ao redor do vehículo, pero os danos no monte foron mínimos. As forzas de seguridade continúan investigando o suceso para esclarecer as circunstancias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: