Hoxe é Venres 20 de Xuño de 2025

IV edición da ExpoFloriani con portas abertas este mércores

expo floriani

O centro educativo amosará os traballos e proxectos educativos realizados polo alumnado do centro, proxectos de carácter grupal que realizan ao longo do ano e que durante este mércores amosan nunha exposición que celebra a súa cuarta edición con apertura de portas a partir das 10:30 horas..

A veciñanza poderá coñecer así os proxectos desenvolvidos polo alumnado ao longo do curso no marco das metodoloxías ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) e da APS(Aprendizaxe-servizo).

“O mundo actual é unha realidade complexa en constante cambio que require de persoas que asuman un rol activo e responsable na construción do mesmo”, explican desde o centro sobre os fundamentos da iniciativa.

Deste xeito, e partindo dunha “concepción do instituto como un espazo democrático e de calidade aberto á comunidade redondelá” nace “ExpoFloriani”. A coordinadora de actividades do centro Pilar Domínguez anima con ese espírito a que veciños e veciñas se acheguen este mércores as instalación do instituto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: