Hoxe é Sábado 21 de Xuño de 2025

A redondelá Laura Álvarez Barrio do CEP Santa Mariña premiada pola Real Academia Galega

RAG-mosaico-gañadores-1600x900

A alumna de sexto de primaria foi merecedora do segundo premio infantil con “O libro do tempo esquecido” no VIII Concurso de microrrelatos que convoca a Real Academia Galega e PuntoGal. Na mesma categoría resultou gañadora a coruñesa Ana López Canosa mentres que o terceiro premio foi para a Luguesa Irene Suárez Rodríguez.

O VIII Concurso de microrrelatos que organizan a Real Academia Galega e PuntoGal xa ten gañadores. Lugo, Barcelona e Varsovia son os lugares desde onde participaron as tres persoas premiadas na categoría de adultos: Santiago Argüeso Galván, Damián Fernández Rodríguez e Rebeca Lema Martínez. Na modalidade xuvenil os dous primeiros premios son para as veciñas de Guitiriz Yanira Ansede Iglesias (2008) e Mencía Rodríguez Lorenzo (2009). O terceiro, para a coruñesa María Conde Alba (2008). Da Coruña é tamén Ana López Canosa (2013), gañadora do primeiro da categoría infantil, na que Laura Álvarez Barrio (2013), veciña de Redondela, conseguiu o segundo e a luguesa Irene Suárez Rodríguez (2015) o terceiro.

A RAG, PuntoGal e Luzes, revista que colabora na organización do concurso, entregarán os premios o venres 18 de xullo nun acto aberto a todo o público que se celebrará no salón de actos da Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27 – A Coruña). As historias gañadoras poderán lerse nunha edición especial en liña que se publicará nas páxinas web das entidades convocantes e relatos.gal, e tamén, canda as finalistas, en Luzes.

Entre os premiados atopamos a redondelá Laura Álvarez Barrio, alumna de sexto do CEP Santa Mariña de Redondela, gañadora do segundo premio infantil con “O libro do tempo esquecido”. Lectura e escritura forman parte da súa vida e ademais dos libros, nos que atopa mundos e xentes inimaxinables e fantásticos, gústalle debuxar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: