A Confraría de Redondela leva anos loitando contra o furtivismo. Unha situación que lles afecta durante todo o ano, xa que hai incluso bandas organizadas que se dedican a extraer ilegalmente o marisco dos areais e que van esquilmando diferentes zonas de toda a costa galega. Con todo, coa chegada do verán, recrúase o chamado “furtivismo de bañador”, situación que é especialmente grave no caso da praia de Arealonga en Chapela.
A patroa maior, Nisi Otero explica o dano que esta práctica causa ao sector do marisqueo e a importante de respectar os bancos que traballan as mariscadoras durante todo o ano, un recurso do que dependen centos de familias. Aseguran que o furtivismo aumenta especialmente no caso de Arealonga onde os veciños da zona fan desta práctica algo continuada “non son un nin dous e sacan o mársico a puñados”. Cando lles chaman a atención, explica Otero “afirman que a praia é súa”, malia que son as mariscadoras as que limpan e sementan para garantir que os bancos marisqueiros sigan existindo”.
Ademais de alertar do perigo para a saúde pública que supón o marisco retirado polos furtivos “xa que acaba no mercado sen ningún tipo de control de tamaño nin sanitario” explican que é un prexuizo para un sector como é o do marisqueo que este ano tivo que estár parado durante dous meses. O paro buscaba permitir que o marisco chegara ao tamaño mínimo permitido para a súa comercialización. Regresaron ao mar o 15 de maio e as semanas anteriores empregáronas en realizar traballos de limpeza para favorecer a fixación do marisco.