A actividade, organizada pola federación de Anpas, desenvolverase este mércores 18 de xuño en horario de 19:30 a 21:00 horas e está orientada principalmente a nais, pais e familias con fillos e fillas en etapa adolescente. Trátase dunha oportunidade para reflexionar en colectivo sobre a importancia dos coidados no noso día a día e como pequenas accións poden ter un grande impacto social e ambiental. Proxectarase a curtametraxe“Mulleres defensoras en pé de terra”. A actividade é de balde, con inscrición previa no seguinte enlace.
No marco do proxecto “Comunidades que transforman”, a Federación de ANPAS de Redondela, en colaboración coa Confederación ANPAS Galegas e a Fundación InteRed, promove unha actividade aberta á cidadanía centrada no coidado das persoas e do planeta. Durante o obradoiro, as persoas participantes poderán conectar con outras familias e compartir experiencias arredor dos coidados, explorar alternativas prácticas para coidar á xente e ao planeta desde o cotián, asistir á estrea da curtametraxe“Mulleres defensoras en pé de terra”, realizada pola cooperativa Pura Quiteria e impulsada por InteRed así como gozar dun espazo plural, amable e diverso no que compartir saberes e emocións, favorecendo a creación de rede comunitaria.
Con esta actividade, a Federación de ANPAS promove e colabora nunha nova iniciativa co obxectivo de axudar ao alumnado, ás nais e pais e a toda a comunidade educativa a formarse e contar con ferramentas que nos axuden a educar, crecer e convivir dunha maneira máis saudable.
A actividade é de balde, con inscrición previa no seguinte enlace. Máis información no enderezo federacionanpasredondela@alicia
