Hoxe é Sábado 21 de Xuño de 2025

O Torneo Sarillas Veteranas recada 1.500 euros para Da Man nunha xornada de deporte e compromiso

501656052_23930492839974885_7619664788574303727_n

Fotógrafo: Darío Miguez Losada

O pasado sábado, 14 de xuño, Redondela acolleu a celebración da terceira edición do Torneo Sarillas Veteranas, un evento que encheu de competición, compañeirismo e compromiso social os pavillóns da Bomboneira e da Marisma. Organizado polo equipo Sarillas, co respaldo do Concello de Redondela, a Sociedade Atlética Redondelá (S.A.R.) e a Federación Galega de Balonmán, o torneo reuniu equipos femininos e masculinos de Galicia, Asturias e Portugal nunha xornada memorable.

Na categoría feminina, participaron Ferrol Terra, Langreo, Astures, Sarillas e BM Chapela, cun podio liderado por Ferrol Terra, seguido de Langreo en segundo lugar e Astures en terceiro. Na competición masculina, con equipos como Bueu, Culleredo, Sarillos, ACD Másters (Portugal) e Riscar, o triunfo foi para Bueu, con Culleredo no segundo posto e Sarillos completando o podio.

A entrega de trofeos estivo amenizada polo grupo de gaitas Airiños de San Simón, que puxo a nota musical a un acto cargado de emoción e recoñecemento ao esforzo dos participantes. Máis aló do deportivo, o torneo destacou polo seu carácter solidario, recadando 1.500 euros a través da venda de rifas, destinados integramente á ONG Da Man. Os números gañadores e os premios do sorteo publicaranse nos vindeiros días nas redes sociais de Veteranas Balonmán Sarillas, onde tamén se indicará como reclamar os premios para aqueles que non puideran facelo o día do evento.

Resultados finais
Equipos femininos:

  1. Ferrol Terra
  1. Langreo
  2. Astures
  3. Sarillas
  4. BM Chapela

Equipos masculinos:

  1. Bueu
  1. Culleredo
  2. Sarillos
  3. ACD Másters
  4. Riscar

Esta terceira edición consolidou o Torneo Sarillas Veteranas como unha cita imprescindible no calendario deportivo e solidario de Redondela. As organizadoras e organizadores expresaron a súa gratitude ao Concello de Redondela, á S.A.R., á Federación Galega de Balonmán e a todos os patrocinadores e colaboradores, cuxa contribución foi esencial para o éxito do evento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: