Hoxe é Xoves 19 de Xuño de 2025

Falece unha octoxenaria tras sufrir un atragoamento en Chapela

poli local

Unha muller de 87 anos faleceu este domingo tras sufrir un atragoamento mentres xantaba. Os feitos producíronse ás 14:40 horas de onte e, malia trasladarse ao domicilio os servizos de emerxencia, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Segundo explicaron dende a Policía Local, recibiuse aviso do 112 Galicia ás 14:40 deste domingo día 15 no que os familiares da falecida alertaban de que unha persoa presentaba síntomas de atragoamento. Ata o lugar, situado en Chapela, desprazouse unha patrulla así como unha ambulancia do 061. Os efectivos de emerxencia nada puideron facer pola muller que finalmente, faleceu no lugar dos feitos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: