Hoxe é Venres 20 de Xuño de 2025

Dúas persoas excarceradas nun accidente con seis feridos na N-550

accidente

A colisión producíase ao redor das once da noite do sábado cando, por causas que se descoñecen, seis persoas resultaron feridas tras colidir frontalmente dous vehículos na estrada nacional N-550, entre Redondela e O Porriño, á altura da parroquia de Quintela. Entre os lesionados habería dous menores. Na colisión un dos turismos quedou envorcado sobre un lateral.

O aviso chegou ao 112 Galicia uns cinco minutos antes das 23:00 horas de onte. Segundo indicou o alertador, dous coches sufriran un accidente no quilómetro 145 da N-550, con feridos e atrapados en ambos turismos.

Decontado, os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Baixo Miño, ao GES de Mos, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela.

A dotación de bombeiros tivo que empregar o material de excarceración para liberar a dous ocupantes, un en cada coche. Nun dos vehículos circulaban cinco persoas, mentres que a sexta era a condutora do outro vehículo. Todos eles foron trasladados por ambulancia do 061 aos hospitais de Fátima e Álvaro Cunqueiro para seren explorados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: