Hoxe é Sábado 21 de Xuño de 2025

Bronce para Cesantes no Memorial Ruly de traiñeiras

505423097_18332242927167815_4003353148350304756_n

Foto de Remeirando

O Memorial Ruly de traiñeiras, celebrado o 15 de xuño na parroquia moañesa de Tirán, encheu a Ría de Vigo de competición e bo tempo. A regata, que rende homenaxe ao lendario patrón Raúl Rey, tivo como representantes de Redondela ás embarcacións de Cesantes e Chapela, que, a pesar de non acadar o podio, deixaron a súa pegada nunha cita clave antes do inicio da Liga Galega.

Na regata feminina Cesantes logrou unha meritoria terceira posición, nunha proba dominada con autoridade por Tirán Pereira, que sacou un minuto a Cabo da Cruz. Cesantes, aínda lonxe das primeiras, demostrou solidez ante rivais como Amegrove, que pechou a clasificación. As remeiras de de Chapela ausentáronse da cita condicionadas por lesións e compromisos laborais. A regata feminina deixou claro que Cesantes chega con boas perspectivas á Liga Galega.

Na categoría masculina, dividida en tres quendas, Cesantes e Chapela B tamén representaron a Redondela. Chapela B foi asinou a sétima praza e Cesantes non tivo o seu mellor día e rematou na última posición. A proba estivo liderada por Cabo da Cruz, que confirmou o seu favoritismo, seguido de preto por Tirán Pereira, que quedou a só sete segundos.

A xornada, marcada polo espectáculo das traiñeiras na Ría de Vigo, serviu como última proba antes do arranque da Liga Galega, que comezará o 28 e 29 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: