Hoxe é Venres 20 de Xuño de 2025

A Xunta fará soar este martes as sirenas de aviso da presa de Eiras

Eiras

Trátase dun simulacro que non afecta á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso que se activaría en caso de rotura. Escoitarase as sirenas nos concellos de Soutomaior, Pontecaldelas e Pontevedra. As sinais acústicas soarán ás 11:00 horas cando se escoitará unha forte sinal acústica durante varios minutos e serviría para avisar á poboación no caso dunha emerxencia real.

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. Desde a Consellería de Presidencia advirten das medidas que se van a levar a cabo esta semana para que a poboación non se alarme cando escoite os sinais acústicos, que son fortes e prodúcense de maneira repetitiva. O que se busca é comprobar que os altofalantes que hai en diferentes puntos das localidades afectadas teñan o alcance previsto para que “en caso de emerxencia” a poboación quede ben advertida e saiba onde acudir no caso de que a situación sexa real e ocorra algún tipo de incidente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: