O Colectivo pro Palestino de Redondela chama a non acudir a estas concentracións convocadas en diferentes vilas e cidades do país, tamén no noso concello, das que se desvinculan a raíz do lema elixido “nin xenocidio nin terrorismo”. Critican que se acuse de terrorismo ao pobo e a resistencia palestina e se equipare este dereito co xenocidio ao que están a seren sometidos os palestinos por parte do goberno israelí.
“Redondela pro palestina non pode apoiar ningunha outra solución que non implique unha Palestina libre garantindo o dereito de retorno e a libre autodeterminación do pobo palestina e posiciónase incondicionalmente co pobo palestino, a súa loita e a súa resistencia.
Por estes motivo desvincúlase dunha protesta convocada para este sábado baixo o lema Nin xenocidio nin terrorismo” no que ao seu entender estase a cualificar como terrorismo o dereito a loitar con dignidade pola liberdade dun pobo que vén sufrindo décadas de ocupación militar, colonialismo, aparheid, limpeza étnica e xenocidio e chama á cidadanía a non acudir a estas mobilizacións.