Foto: Patry Rivas
Redondela acolle este sábado 14 de xuño a terceira edición do Torneo Sarillas Veteranas, un evento de balonmán e solidariedade que se desenvolverá en dous pavillóns municipais: o Pavillón da Bomboneira e o da Marisma e que contará coa participación de equipos procedentes de Galicia, Asturias e Portugal. A recadación obtida coa venda de rifas destinarase integramente á ONG Da Man.
Organizado polo equipo Sarillas, co apoio do Concello de Redondela, a SAR e a Federación Galega de Balonmán, o torneo contará cun intenso calendario de partidos entre equipos femininos e masculinos internacionais chegados dende distintas partes de Galicia, Asturias e Portugal.
Os partidos arrancarán as dez da mañá de xeito simultáneo en ambos pavillóns. Na categoría feminina ademais das Sarillas como organizadoras participan o equipo de balonmán Astures, o de Ferrolterra, as veteranas do Landreo e o club de Chapela.
En categoría masculina disputará o torneo os veteranos Riscar de Gijón, o club ACDM Masters. O equipo de Bueu e o de Culleredo, ademais dos veteranos da SAR.
Horarios Bomboneira
- 10:00 – 10:30: Sarillos – Culleredo
- 10:45 – 11:15: Sarillas – Astures
- 11:30 – 12:00: Langreo – Ferrolterra
- 12:15 – 12:45: Sarillos – ACD Másters
- 13:00 – 13:30: Sarillas – Langreo
- 16:00 – 16:30: Sarillas – Chapela
- 16:45 – 17:15: Sarillos – Bueu
- 17:30 – 18:00: Sarillas – Ferrolterra
- 18:15 – 18:45: Sarillos – Riscar
- 19:00 – 19:30: Ferrolterra – Astures
Horarios A Marisma
- 10:00 – 10:30: Ferrolterra – Chapela
- 10:45 – 11:15: Riscar – ACD Másters
- 11:30 – 12:00: Bueu – Culleredo
- 12:15 – 12:45: Chapela – Astures
- 13:00 – 13:30: Bueu – Riscar
- 16:00 – 16:30: Culleredo – Riscar
- 16:45 – 17:15: Astures – Langreo
- 17:30 – 18:00: ACD Másters – Culleredo
- 18:15 – 18:45: Chapela – Langreo
- 19:00 – 19:30: Bueu – ACD Másters
