Hoxe é Luns 23 de Xuño de 2025

Actividades náuticas e convivencia no Campus de Verán do Club de Remo Cesantes

WhatsApp Image 2025-06-11 at 17.33.19 (1)

O Club de Remo Cesantes presenta o seu Campamento de Verán 2025, unha experiencia orientada a rapaces e rapazas de 8 a 17 anos. O campamento, que se celebrará en xullo e agosto de luns a venres de 9:00 a 14:00 na praia de Cesantes inclúe tamén opción de aula matinal a partir das 8:30 horas. O programa inclúe actividades de ioga, manualidades, excursións e deportes tanto na area como no mar. O prezo é de 125 € ao mes ou 90 € por quinceina. Información e inscricións no teléfono 640 60 92 93.

Iván Silva, coordinador do campamento, explica que o campamento que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto está pensado para que as familias conten cunha opción diferente para os rapaces e rapazas que están de vacacións. Un campamento que inclúe numerosas actividades entre as que destaca o remo, xa que permitará que os participantes se acheguen a este deporte nautico. Os participantes practicarán outros outros deportes como ping pong, voleipraia, balonmán e obradoiros variados.

Un campamento que busca tamén que os cativos lle perdan o medo ao mar e se acheguen a un deporte tan atractivo como o remo e que poidan pasar formar parte do club durante a temporada “un dos nosos obxectivos é que rapaces e rapazas coñezan un deporte que conta en Redondela cunha contorna excelente para a súa práctica”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: