Hoxe é Luns 23 de Xuño de 2025

A Ponte colgante sobre o Verdugo mellora a súa seguridade cun investimento de 65.000 euros

ponte colgante

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este mércores xunto co alcalde, Manu Lourenzo as obras de mellora e seguridade da Ponte colgante de Soutomaior realizadas nas últimas semanas por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático co obxecto de garantir a seguridade deste paso e convertelo nun atractivo turístico. O rexedor local aproveitou para reclamar á Xunta acordos para mellorar e humanizar as rúas Xosé Solla e Roxelio Landeiro.
A actuación consistiu no cambio de piso da ponte, instalando novas táboas de madeira e elminando os espazos entre placas que dificultaban a mobilidade. Ademais incrementouse a seguridade nas anclaxes e colocouse unha rede na baranda da ponte. A actuación tamén mellorou as escaleiras de baixada á praia fluvial para comodiade dos usuarios así como a súa seguridade.
Ana Ortíz valorou moi positivamente a actuación “estamos moi satisfeiros co resultado nun lugar moi turístico do municipio e cunha praia fluvila moi empregada tanto por veciños como por visitantes”.
Pola súa banda o alcalde aprovoeitou a visita da Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para abordar os problemas nas rúa Xosé Solla e Roxelio Landeiro, competencia da Xunta. Lourenzo lembrou que a rúa Xosé Solla está nun estado que obriga a realizar actuacións canto antes “levamos un ano tentado que se fragüen reunións coa conselleira para chegar a acordos, temos proxectos que nos gustaría abordar en conxunto coa Xunta e ver que posibilidades temos de mellorar a calidade de vida do núcleo urbano de Arcade e da veciñanza”. Neste senso dende o concello solicitan que a Xunta sexa consciente da situación na que está o núcleo urbano de Arcade con situación de perigosidade, ou con estradas, como é o caso da N-244, que conta con beirarrúas de apenas 40 centímetros co que iso implica para a falla de seguridade da veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: