Hoxe é Martes 24 de Xuño de 2025

A Confraría promociona o seu produto coa celebración da “I Festa Mariñeira”

confraría

Sardiñas, chocos e mexillóns serán os produtos estrela dunha cita gastronómica promovida pola Confraría de pescadores San Xoán de cara a esta fin de semana dos días 14 e 15 de xuño. As casetas de degustacións instalaranse  no porto de Cesantes e a partir das 20:00 horas do sábado xa se poderán degustar eses pratos a prezos populares. Haberá música na noite do sábado o sesión vermú o domingo a partir das 11:00 cunha demostración de showcooking.

Confían en ter o mesmo éxito que no seu día tivo a festa do longueirón, cita que deixou de celebrarse en gran medida pola escaseza de produto. Haberá sardiña e choco doado polos propios socios da confraría, un produto que segundo explica a patroa maior Nisi Otero, “está espectacular”. O único que lamenta é que a campaña do choco fora moito máis frouxa que en anos anteriores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: