Os bañistas visitaban a praia de Cesantes cos primeiros raios de sol neste mes de xuño
No caso concreto de Redondela as análises realizadas pola Consellería de Sanidade nas praias de Arealonga, Rande e dous puntos de Cesantes superaron os controis sen problema. As praia de Muxeira, Matilde e Xunqueira en Soutomaior acadaron tamén a cualificación de excelente. As mostras recolléronse entre o 11 de maio e o 4 de xuño.
As análises reflicten a boa calidade da auga en practicamente todos os areais na ría de Vigo, algo que preocupa especialmente coa chegada da temporada estival e a visita dos bañistas ás múltiples praias da contorna. Así, os resultados dos controles microbiolóxicos das augas de zonas de baño de Galicia que realiza a Consellería de Sanidade deixan un resultado moi positivo nas Rías Baixas, xa que das 56 praias analizadas so 5 tiveron un suspenso nas súas analíticas por valores demasiados altos en E.coli ou Enterococo.
No caso de Redondela as mostras recollidas na segunda quincena de maio amosan a boa calidade das augas ao sobrepasaren os controis sen problema. o mesmo sucede coas tres praias analizadas en Soutomaior. Reciben así a clasificación de “excelente”, denominación empregada pola Consellería de Sanidade para salientar a ausencia de contaminación nas súas augas.