A cita deportiva desenvolverase o domingo, 22 de xuño en horario de mañá de 11 a 14:00 horas e está pensada para todos os públicos, con diferentes percorridos por idades. A inscrición é de balde e debe facerse antes do 19 de xuño no enderezo xestanatureza.com.
A proba deportiva terá lugar no peirao de arcade e consiste en visitar no menor tempo posible todas as balizas establecidas na orde que se indica no mapa. As inscrición poden facerse por equipos de ata un máximo de 6 participantes podendo elixir entre tres categorías.
Xestiñas pensada para os máis cativos xa que é a máis sinxela física e tecnicamente cun percorrido de menos de 3kms en total.
A categoría Xestas cun nivel físico e técnico medio e un percorrido de 4kms en total.
Finalmente a máis esixente é a bautizada como Xesteiras, pensada para participantes con coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto e un percorrido de máis de 5kms en total.
As probas tamén se pode desenvolver invidualmente e as saídas serán escalonadas.
A organización facilitará aos participantes unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas.
