A casa da cultura acolle este xoves ás 19:30 horas unha charla dirixida a nais con fillos e fillas en idade escolar no que se abordará o benestar emocional da nai como base dunha crianza consciente. O obxectivo da charla é ofrecer un espazo para que as nais poidan parar, mirarse e tomar conciencia do seu mundo emocional baixo a premisa de que “estar mellor por dentro é o primeiro paso para ter relacións máis sas, especialmente cos fillos”.
A actividade está organizada dende a Federación de Anpas de Redondela e estará impartido por Mary Gómez, coach emocional. Pensado para todas aquelas mulleres que sexan nais ou teñan ao seu cargo fillos ou fillas en idade escolar que desexen coñecerse mellor, sentirse máis tranquilas e comprender como a súa forma de vivir as emocións impacta na crianza as interesadas poden inscribirse neste enlace. Abordaranse cuestións como os medos ante a crianza, a frustración ou o cansazo.