Candela Fernández do CEIP Laredo de Chapela fíxose con galardón cunha lectura en galego do libro Caramomia de El Hematocrítico, Ledicia Costas e Maria Lado. No concurso participaron 1500 alumnos e alumnas de 200 colexio de todo o estado.
A moza de cuarto de educación primaria do colexio de Laredo foi proclamada gañadora da III edición do xogo de lectura en voz alta, graza ao seu bo facer á hora de interpretar o fragmento elixido do libro de Xerais Caramomia. Candela foi a única participante galega dentro do concurso “Pequenos xigantes da lectura” e a única que leu nunha lingua cooficial que non fora o castelán. Esta edición era a primeira vez que se abría a outros idiomas do Estado. Candela foi unha das nove finalistas seleccionadas entre máis de 8.000 lectores participantes de 4.º de Primaria en 200 centros escolares de nove comunidades autónomas. O xurado destacou de Candela a súa “destreza lectora nunha final cun nivel altísimo” e subliñou tamén a concesión deste premio “á riqueza cultural e lingüística de España”.