Hoxe é Martes 24 de Xuño de 2025

O sénior feminino do Campito FS levanta a copa

505114135_17973672824855013_1661338442256538326_n

O equipo sénior feminino do Campito FS proclamouse campión da Copa de Segunda Futgal FS cunha actuación impecable, logrando tres vitorias en tres xornadas. O conxunto superou ao Baiña FS (5-3), ao ED Poio Pescamar (2-4) e ao Curruncho dos Titos cun contundente 8-0. Con 17 goles a favor e só 5 en contra, as xogadoras demostraron un dominio absoluto no torneo. Na liga regular, o Campito FS rematou nun meritorio cuarto posto con 54 puntos, anotando 106 goles e encaixando 35, por detrás do Cios Vigo FS (líderes), Escola Futsal Morrazo (segundas) e Barro CF (terceiras).

O club celebrou o éxito nas redes sociais cunha mensaxe chea de orgullo: “Despois dunha dura tempada onde todos os astros aliñáronse para chegar con lesións e baixas… Aquí están, máis fortes que nunca, demostrando que elas poden con todo! Grazas infinitas polo voso compromiso e pola vosa alegría, sodes un orgullo para este club”.

Pola súa banda, o equipo sénior feminino do Arealonoga FS, que compite na Primeira Futgal FS (Grupo 4), logrou un destacado segundo posto na Copa do seu grupo. Na primeira volta, venceron ao CD Mosteiro Bembrive FS por 3-2, pero caeron ante o Bulebule FS por 13-1. Na segunda volta, empataron a 3 co CD Mosteiro Bembrive e lograron unha contundente vitoria por 11-2 fronte ao Bulebule FS, selando así o título de subcampioas. Na liga regular, o Arealonoga FS finalizou en sétima posición con 14 puntos, marcando 38 goles e recibindo 80.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: